Guía do Ocio Medieval en Ourense

Este blog está realizado por alumnas de 2º B do colexio Josefinas:


- Raquel Rodríguez Vilas .
-Andrea Menor Menor.
-Alejandra Sarmiento Neira.
-Aldara Gonzalez Outeiriño.

ÍNDICE

1.- Guía de ocio.
2.-Tempo de Lecer na Idade Media
3.-Mapa Ourense Medieval.
4.-Entrevista.
5.-Festas da Idade Media.
6.-Decálogo do ocio Responsable.
7.-Conclusión Final.

1.- GUÍA DO OCIO MEDIEVAL

INTRODUCCIÓN

Ourense na Idade Media semella un lugar tranquilo, mais as rúas están cheas de xograres interpretando as súas alegres melodías. Trátase dun lugar no que o espectáculo non ten fin e a alegría respirase nas rúas,  a natureza rodea este lugar dandolle un aire máis natural.


Dende a carta de privilexio que Dona Tareixa de Portugal lle concede ao Bispo Diego Velasco no 1122, o mercado da cidade se consolida e cobra cada vez máis vida despois dos anos escuros vividos nos séculos anteriores. O Bispo precisa de habitantes para a cidade, era o señor feudal e tiña o control e o apoio real. Por iste moitivo concede unha carta de poboamento a todo aquel que queira establecerse en Ourense, facéndoos libres e concedéndolles facilidades para construír unha vivenda e darlle terras de cultivo o que certamente atraeu a moitos homes e mulleres que aceptaron ese reclamo. Nuns tempos ben difíciles esta era unha oportunidade de comezar unha nova vida e sair adiante.

Fonte da imaxe: ourensenotempo


LUGARES DE INTERESE.



- Igrexa dos Franciscanos: Situada no alto da cidade construíuse no século XIV en estilo Gótico. Foron asasinados moitos franciscanos pola vontade do Bispo de Ourense.

Fonte da imaxe: enlace

- As Burgas: As Burgas son uns mananciais de augas termais; foron , dende a época dos romanos un lugar de ocio debido as súas augas quentes. Constan de 3 mananciais, o manancial de arriba que é o máis antigo, o do medio e o de abaixo.  Na Idade Media as Burgas encontrábanse fora das portas de Ourense. Na Idade Media o lugar termal entraría en decadencia e non viviría un momento de esplendor.

Fonte da imaxe: ourensenotempo.

- Cemiterio situado na praza da Magdalena: Na actualidade aún consérvanse algunhas lápidas da Idade Media. Antigo emprazamento orixinal da Catedral de San Martiño que ía a estar consagrada a Santa María como patrona da cidade tamén, pero xa sabedes o que aconteceu con Carriarico, o seu fillo enfermo e a promesa feita a San Martiño.

Fonte da imaxe: enlace


Lápida medieval. Fonte da imaxe: enlace

- Cárcere: Era unha cárcere situada na antiga rúa Pelouriño ( a actual rúa de Colón.) Outro dos símbolos do poder feudal na cidade xunto ao Pazo do Bispo, á forca e o Castelo Ramiro.

Cárcere Real. Foto: Civitas Auriensis

- Catedral de San Martiño:  É unha catedral adicada a San Martiño. Conta a lenda que  orixinouse no século VI grazas a un monarca suevo chamado Karriarico.  Este monarca mandou construir un templo en nome de San Martiño de Tours porque axudara ao fillo do monarca cando enfermou. Este templo destruírono os musulmáns e volveuse a construir ó redor dos séculos XII e XIII.

Catedral de Ourense. Fonte da imaxe: enlace

- Pazo Episcopal Antigo: Construíuse no século XII, Foi o Pazo do Bispo ata o século XIX. Actualmente é o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (MAPO).
Fonte da imaxe: enlace

- Iglésia de Santa María Nai : Construíuse no ano 1088. Está situada na actual praza da Madalena e escalinatas á Praza do Campo (Praza Maior).

Santa María Nai. Fonte da imaxe: enlace


GASTRONOMÍA.

Ourense é un lugar fermoso no que sempre que se tiña fame podíase visitar a Praza da Madalena ou ben a Praza das Laranxas onde se vendía froita de todas as clases,  mentres tanto podíanse percorrer os diferentes postos de venta de froita e outros produtos.


Fonte da imaxe: enlace

No Ourense medieval facíanse dúas comidas. Un almorzo cara ao mediodía e unha merenda lixeira. A influencia da Igrexa era moi forte e repercutía nos hábitos dos habitantes de Ourense. Na Cuaresma porhibíase comer carne e productos de animais como ovos e lácteos.

As sopas eran frecuentes, ou outro tipo de pratos de cuchara. Pan de centeo para os pobres e de trigo para os privilexiados. As carnes de cacería non eran tan habituais como se pensa, sí  eran as carnes de porco, polo e en menor medida a tenreira. Tamén os pescados como o bacallao ou o arenque eran frecuentes. Estofados, salsas e como non, o viño do Ribeiro. Non se empregaba o tenedor de dúas puntas frecuente no mundo italiano e cada un levaba o seu coitelo.



QUÉ FACER.

Ourense é un gran lugar no que sempre é recomendable parar a escoitar as fantásticas historias que contan rítmicamente os xuglares na rúa Fontaíña (rúa Cervantes) ou pasear polas rúas e ver ós nenos xogar pola rúa Correaría (rúa da Barreira) ó soule ou a outros xogos típicos da época.


Trovadores locais nun "pasarrúas". Fonte: enlace


Pódese visitar ó hospital da praza de san Cosmede ou pasear pola praza dos ferradores e ver como os ferradores realizaban a súa simpática labor. Pódese ir de compras e  adquirir calzado no Vicus Zapatarioum (rúa da Paz).

Zapateiros no Vicus Zapatorium. Fonte: enlace

Tamén poderiades percorrer os diversos mercados artesanais da rúa dos Brancos cos carniceiros, a rúa da Pixotaría coa venta de arenque salgado ou a Praza do ferro cos apeiros para a labranza, labor moi común no Ourense medieval.

Carniceiros na rúa dos Brancos. Fonte: enlace

O gremio dos xastres tamén tiñan establecidos distintos talleres na rúa das Tendas.

Xastres medievais. Fonte: enlace
Pescadeiras na rúa da Pixotaría (rúa San Miguel). Fonte: enlace

Na Catedral pódese escoitar un corcerto de Airas Nunes que conta como teloneiro a Bernal de Bonaval. 




Na praza da Madalena procedente de Francia, Peire Raimon de Tolosa, que de camiño a Santiago de Compostela actuará para os ourensáns cun concerto único o Domingo de Pascua.




Nas demáis prazas a vida era animada con malabaristas que chegaban á cidade procedentes de distintos puntos da península e que se dirixían a Santiago de Compostela, cidade á que moitos viaxaban por motivos relixiosos e tamén na procura de fortuna.

2: Tempo de lecer na Idade Media

DIVERSIÓN:

Na idade Media a ocupación principal era traballar, mais os nobres e os campesiños no tempo libre tiñan diferentes formas de divertirse.


Imaxe: enlace

ACTOS E CELEBRACIÓNS:

Torneos: Eran unhas competicións entre nobres celebradas nas cortes dos señores feudais. O torneo iniciábase con combates de cabaleiros, máis tarde saían pelotóns enteiros a pista .Para evitar feridas mortais colocaban nas puntas das lanzas punteiras brandas, pero moitas veces ao final dos torneos acababa habendo mortos ou feridos graves. Os vencedores dos torneos realizaban grandes festíns.
As normas do torneo eran:
- Primeira .- Non ferir de punta ó contrario.
- Segunda .- Non pelexar fora de filas.
- Terceira .- Non pelexar varios cabaleiros contra un so.
- Cuarta .- Non ferir ó  cabalo do rival.
- Quinta .- Descargar só os golpesó rostro e peito do rival.
- Sexta .  - Non  ferir ó cabaleiro que alzara a viseira.
Torneo no Campo da Forca a carón do Miño.

Xustas:As justas eran básicamente o mesmo que os torneos mais isto era unha práctica para a guerra. Nas xustas os oponentes levaban fortes armadura para evitar as mortes e as feridas.

Xusta na Praza do Campo (Praza Maior)

A cetrería :É unha modalidade de caza mediante a que entrénase a un ave rapaz para cazar pequenos mamíferos.
Cetrería nas inmediación do mosteiro de San Francisco.

A pesca,  a caza e as distintas modalidades: Eran unhas actividades fundamentais realizadas polos nobres e señores feudais. Isto  máis que unha diversión era unha necesidade para alimentarse  . O máis común era comer carne de porco xa que na Idade Media non había ganado e os porcos encontrábanse facilmente en manadas salvaxes .


Pesca no Miño. Imaxe: enlace
A Soule : Este xogo consistía en conducir un balón cara un lugar do terreo contrario, normalmente era un lugar situado entre dous postes, mais hai moitas formas diferentes de xogar , as veces ata había que mollar a pelota na fonte e despois deixala na cinza. Normalmente formábanse pelexas no xogo.

Partido de Soulé na Praza de San Marcial Imaxe: enlace



A Palma:  É un deporte de orixe francés no que só participaban o clero e a nobreza, é o antecedente o tenis e o frontón. O nome "A Palma" era ese porque o deporte consistía en colocarse nun campo dous oponentes cunha corda alta separando a os dous individuos e tiñan que darlle a una pelota coa PALMA da man. Máis tarde o xogo  practicábase cun obxecto parecido a unha raqueta , á corda añadiuse unha rede por debaixo e o deporte comezou a practicarse en lugares cubertos.Existían dúas modalidades de xogo:
-A Plama larga: Ó aire libre.
-A Palma curta: Nun lugar cuberto.

Imaxe de: enlace


A Loita: A lucha era un deporte que gustaba a moita xente e tiña unhas normas sencillas simplemente non se podía golpear por debaixo da cintura  ó oponente.Simplemente se pelexaba pola fama que causaba gañar e por demostrar que eran mellores que os oponentes. Tamén había loita corpo a corpo entre cabaleiros coas súas pesadas espadas.

Fonte da imaxe: enlace

Deportes básicos:Como o remo, a natación, o lanzamento de peso e de xabalina etc.
El mundo griego
Imaxe de: enlace

O axedrez: É un xogo de estratexia moi famoso na Idade Media de orixe  oriental, fíxose famoso en Europa grazas a chegada dos árabes . Non era só un xogo senón que era unha práctica de estratexias , tácticas e xogadas para a guerra.


Fonte da imaxe: enlace



- Alquerque do nove ou de doce:  é un xogo de taboleiro moi popoular e que podemos ver na Catedral de Ourense.


Fonte da imaxe: enlace


Os combates de animais (bull-baiting): Este violento entreteñemento practicábase principalmente en Inglaterra , eran pelexas de animais moi variadas , dende cans contra ratos ata cans contra touros. As  máis famosas foron as pelexas de cans contra touros . Estas consistían en colocarlle un pesado colar de coiro ó touro , polo que atábaselle a unha estaca fortemente amarrada ó chan, por outra parte os cans camiñaban libremente . Os cans intentaban atacar á garganta do touro e o touro defendíanse corneando os cans tan forte que os cans volaban ata a 20 metros de distancia , os donos dos cans intentaban collelos antes de que chocásen contra o chan para evitar máis danos no animal. Os donos pagaban diñeiro para participar cos seus cans.Os gañadores recibían grandes recompensas
Desta práctica saliron os bulldogs , que son uns cans cunhas características físicas especiais para esas batallas de animais.

Imaxe de:
http://en.wikipedia.org/wiki/Bulldog



O Mallo:É un xogo principalmente practicado polos irlandeses . Non ten nada de violencia ou apenas nada, simplemente consiste en dirixir unha pelota ós lugares determinados por medio dun mazo.



ACTUACIÓNS:

Xograres e Trovadores: Os trovadores son xente de importancia que compuñan cancións e os xograres son os que os interpretan por as prazas e lugares públicos.Mais os xograres non só eran cantantes, tamén eran músicos, bailaríns, saltimbanquis, domadores, contadores de chistes e sucesos, acróbatas…
Imaxe: enlace

Un texto moi famoso que recitaban moito os xograres na Idade Media era " Cantar de gesta, do Cid":

 "¡Heridlos, mis caballeros, sin temor, el Cid gritaba,

que con la ayuda de Cristo nuestra será la ganancia!"

Ya vuelven todos revueltos por medio de la llanada.
¡Dios, qué grande era el gozo de todos esa mañana !
Mío Cid con Álvar Fáñez adelante cabalgaba,
tienen muy buenos caballos que a su voluntad andaban,
ya entre el castillo y los moros los dos guerreros entraban.
Los vasallos de Mío Cid sin piedad sus golpes daban,
en poco más de un momento a trescientos moros matan.
Con muy grandes alaridos los que estan en emboscada
para adelante salían, hacia el castillo tornaban,
con las espadas desnudas a la puerta se paraban.
Ya van llegando los suyos, la batalla está ganada.
Ved cómo el Cid conquistó Alcocer por esta maña.


Bufóns:Un bufón era unha persoa que normalmente tiña un problema físico  (xorobados , enanos etc...) e contaba chistes ou facía tonterías para facer reír a alguén importante. Reciben o nome de bufón porque unha das súas actuacións máis coñecidas era encher os carrillos de aire ata máis non poder  e despois recibir un manotazo na cara , o bufón facía un sonido moi semellante a un bufido mentres botaba todo o aire fora.

Imaxe: enlace


3: Mapa de Ourense Medieval

INTRODUCCIÓN:


Actualmente en Ourense, entre a rúa da Pena Trevinca, a rúa da Coruña, a rúa da Concordia e a rúa Progreso, encóntrase o casco antigo. Moitas das rúas que formaban parte de Ourense no século XV aínda existen na actualidade, mais a maioría teñen un nome diferente do que tiñan antigamente.
No seguinte mapa que fixemos grazas a información de http://www.canedo.eu/ http://ourensenotempo.blogspot.com/

En http://www.goolzoom.com/ amosamos moitas das rúas, prazas  e lugares de ocio antigos situados nun mapa da actualidade.

Podedes descargar este archivo kml no Google Earth e veredes a situación das principais rúas, portas e prazas do Ourense Medieval. Pincha na imaxe ou ben sobre este enlace:
http://dl.dropbox.com/u/13145149/ourense%20medieval.kml







 
RÚAS PRINCIPAIS :


Antiga : Actual correspondente

Corredoira:
 Rúa Santo Domingo.
Pena Vixía:  Rúa de Hernán Cortés.
Fonte Arcada: Praza San Cosmede.
Rúa de Cima de vila: Rúa da Lúa.
Vico Furnorum: Rúa dos Fornos.
Vicum Marcelli:  Rúa  de Hernán Cortés.
Rúa da praza: 
Rúa da Barreira
: Rúa da Barreira.
Vico claussarum:  Rúa liberdade.
Vico ad fontainan
Rúa da Traparía :
Rúa do Vergayro
:  Rúa de Colón.
Rúa Escura:  Rúa Pizarro.
Vico Balneis:  Rúa do Baño.
Vico zapatariorum:  Rúa da paz.

RÚAS EXTRAS :

Antiga : Actual correspondente

Rúa Nova:   Rúa Lamas Carvajal.
Rúa da obra:  Rúa de Lepanto.
Rúa Pixotaría:  Rúa de San Miguel.
Via Sacra: Rúa Juan de Austria.
Rúa da Aira do Bispo ou da porta da Aira:  Rúa Xullo Prieto Nespereira.
Rúa do Sal :  Rúa dous de Maio.
Rúa das Chouzas :  Rúa da Liberdade.
Rúa San Fernando:
Rúa dos Irmáns Villar

PORTAS :


As portas servían principalmente para pagar impostos, por outra parte tamén se utilizaban cando na cidade os habitantes contaxiabanse por peste ou outras epidemias coas que se diezmaba a poboación.


Porta da AiraO comenzo da rúa X.Prieto Nespeira.Por ela saían os galegos a sega de Castela.


Porta da Aira. Fonte da imaxe: enlace


Porta da Fonte Arcada:  Na praza de San Cosme.Nela exponse o famoso Belén de Arturo Baltar.

Postigo de San Francisco:  Ao final da rúa Pena Corneira.

Cima da Vila: Era a porta máis alta da cidade
Porta da Pía da Casca
Porta da Corredoira:  Esta na rúa Santo Domingo.Nela estaban os -ferradores.Era a porta de entrada de Lugo e Santiago.
Porta do Regueiro : 
Porta da Fonde do Bispo:  Estaba preto do edificio Simeón e era a entrada de Celanova e o Ribeiro.
Porta da rúa Nova:  Estaba na entrada da rúa Nova, agora chamada Lamas Carvajal e nela pagaban impostos os que querían vender productos na cidade.
Porta das Burgas: Antigamente as Burgas estaban nas afóras da cidade.


4: Entrevista.

A información que amosamos a sacamos de http://www.canedo.eu/

DIEGO VELASCO.

1.-  Que era o que máis che gustaba da época medieval?
  --   Gustábanme moito os trobadores, porque compuñan unha música moi bonita .

2-   Gustábache vivir na época medieval?
  --    Si,porque ao haber moi poucas persoas na cidade había moita tranquilidade e así podías relaxarte en calquer momento.

3-   Cóntanos algo sobre o ocio medieval
  --  Vouvos contar sobre os trobadores e os xuglares.Os trobadores eran persoas que compuñan     as        cancións medievais e os xuglares eran as persoas que cantaban as cancións e tiñan unha voz incríble.

4-  Que era o que menos che gustaba facer?
  --  O que menos me gustaban eran as xustas porque a min non me gusta a guerra nin a súa simulación.

5-   Cal foi o teu traballo?
  --   O meu traballo foi de bispo.Un traballo que me gustou moito.

6-   Que obtiveches da Condesa de Portugal Dona Teresa?
  --  Obtiven un privilexio que lle concedeu a Mitra a cidade de Orense e a súa vez otorgoullo privilexios aos cidadáns da cidade.

7-    Cando obtiveches ese privilexio da Condesa de Portugal Dona Teresa?
   --  Obtivena no 1122.

5: Festas da Idade Media.

6: Decálogo do ocio responsable.


1.-  Non ensuciar as zoas de ocio.
2.- Respectar ás persoas que disfruten do mesmo lugar.
3.-  As zonas públicas son de todos e hai que tratalas como se fosen nosas.
4.-  Respectar as normas establecidas nas instalacións públicas.
5.- Coidar os monumentos históricos, non deterioralos.
6.- Non roubar.
7.- Non facer pintadas nos sitios non adecuados.
8.-  Non facer ruido nas horas inadecuadas.
9.-  Usar debidamente as instalacións .
10.- Respectar á xente encargada de manter as instalacións públicas e a o seu traballo

7: Conclusión final.



A nós non nos gustaría vivir na Idade Media porque antes non existían as tecnoloxías que hai agora, e debido a iso, non nos poderíamos comunicar con tanta facilidade. O acceso á información estaría limitado, os traballos serían moito máis duros etc...

Antigamente había pouca poboación debido a que  moita xente falecía debido as epidemias, guerras, fames e ademais os medicamentos non existían tendo que recurrir a métodos naturais ou a prácticas de efectividade dudosa.

Os dereitos dos que agora gozamos como algo fundamental nesa época non existían, polo que había moitos máis casos de morte por violencia , abuso das forzas señoriais sobre os campesiños, etc.

Por outra parte valoramos da Idade Medieval que a ausencia de tecnoloxías pode ter o seu lado positivo. A xente saía as rúas a xogar a relacionarse, a aprender novos refráns, cantigas, aprendían cultura ou simplemente porque podías ir ao campo e relaxarte.