1.- GUÍA DO OCIO MEDIEVAL

INTRODUCCIÓN

Ourense na Idade Media semella un lugar tranquilo, mais as rúas están cheas de xograres interpretando as súas alegres melodías. Trátase dun lugar no que o espectáculo non ten fin e a alegría respirase nas rúas,  a natureza rodea este lugar dandolle un aire máis natural.


Dende a carta de privilexio que Dona Tareixa de Portugal lle concede ao Bispo Diego Velasco no 1122, o mercado da cidade se consolida e cobra cada vez máis vida despois dos anos escuros vividos nos séculos anteriores. O Bispo precisa de habitantes para a cidade, era o señor feudal e tiña o control e o apoio real. Por iste moitivo concede unha carta de poboamento a todo aquel que queira establecerse en Ourense, facéndoos libres e concedéndolles facilidades para construír unha vivenda e darlle terras de cultivo o que certamente atraeu a moitos homes e mulleres que aceptaron ese reclamo. Nuns tempos ben difíciles esta era unha oportunidade de comezar unha nova vida e sair adiante.

Fonte da imaxe: ourensenotempo


LUGARES DE INTERESE.



- Igrexa dos Franciscanos: Situada no alto da cidade construíuse no século XIV en estilo Gótico. Foron asasinados moitos franciscanos pola vontade do Bispo de Ourense.

Fonte da imaxe: enlace

- As Burgas: As Burgas son uns mananciais de augas termais; foron , dende a época dos romanos un lugar de ocio debido as súas augas quentes. Constan de 3 mananciais, o manancial de arriba que é o máis antigo, o do medio e o de abaixo.  Na Idade Media as Burgas encontrábanse fora das portas de Ourense. Na Idade Media o lugar termal entraría en decadencia e non viviría un momento de esplendor.

Fonte da imaxe: ourensenotempo.

- Cemiterio situado na praza da Magdalena: Na actualidade aún consérvanse algunhas lápidas da Idade Media. Antigo emprazamento orixinal da Catedral de San Martiño que ía a estar consagrada a Santa María como patrona da cidade tamén, pero xa sabedes o que aconteceu con Carriarico, o seu fillo enfermo e a promesa feita a San Martiño.

Fonte da imaxe: enlace


Lápida medieval. Fonte da imaxe: enlace

- Cárcere: Era unha cárcere situada na antiga rúa Pelouriño ( a actual rúa de Colón.) Outro dos símbolos do poder feudal na cidade xunto ao Pazo do Bispo, á forca e o Castelo Ramiro.

Cárcere Real. Foto: Civitas Auriensis

- Catedral de San Martiño:  É unha catedral adicada a San Martiño. Conta a lenda que  orixinouse no século VI grazas a un monarca suevo chamado Karriarico.  Este monarca mandou construir un templo en nome de San Martiño de Tours porque axudara ao fillo do monarca cando enfermou. Este templo destruírono os musulmáns e volveuse a construir ó redor dos séculos XII e XIII.

Catedral de Ourense. Fonte da imaxe: enlace

- Pazo Episcopal Antigo: Construíuse no século XII, Foi o Pazo do Bispo ata o século XIX. Actualmente é o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (MAPO).
Fonte da imaxe: enlace

- Iglésia de Santa María Nai : Construíuse no ano 1088. Está situada na actual praza da Madalena e escalinatas á Praza do Campo (Praza Maior).

Santa María Nai. Fonte da imaxe: enlace


GASTRONOMÍA.

Ourense é un lugar fermoso no que sempre que se tiña fame podíase visitar a Praza da Madalena ou ben a Praza das Laranxas onde se vendía froita de todas as clases,  mentres tanto podíanse percorrer os diferentes postos de venta de froita e outros produtos.


Fonte da imaxe: enlace

No Ourense medieval facíanse dúas comidas. Un almorzo cara ao mediodía e unha merenda lixeira. A influencia da Igrexa era moi forte e repercutía nos hábitos dos habitantes de Ourense. Na Cuaresma porhibíase comer carne e productos de animais como ovos e lácteos.

As sopas eran frecuentes, ou outro tipo de pratos de cuchara. Pan de centeo para os pobres e de trigo para os privilexiados. As carnes de cacería non eran tan habituais como se pensa, sí  eran as carnes de porco, polo e en menor medida a tenreira. Tamén os pescados como o bacallao ou o arenque eran frecuentes. Estofados, salsas e como non, o viño do Ribeiro. Non se empregaba o tenedor de dúas puntas frecuente no mundo italiano e cada un levaba o seu coitelo.



QUÉ FACER.

Ourense é un gran lugar no que sempre é recomendable parar a escoitar as fantásticas historias que contan rítmicamente os xuglares na rúa Fontaíña (rúa Cervantes) ou pasear polas rúas e ver ós nenos xogar pola rúa Correaría (rúa da Barreira) ó soule ou a outros xogos típicos da época.


Trovadores locais nun "pasarrúas". Fonte: enlace


Pódese visitar ó hospital da praza de san Cosmede ou pasear pola praza dos ferradores e ver como os ferradores realizaban a súa simpática labor. Pódese ir de compras e  adquirir calzado no Vicus Zapatarioum (rúa da Paz).

Zapateiros no Vicus Zapatorium. Fonte: enlace

Tamén poderiades percorrer os diversos mercados artesanais da rúa dos Brancos cos carniceiros, a rúa da Pixotaría coa venta de arenque salgado ou a Praza do ferro cos apeiros para a labranza, labor moi común no Ourense medieval.

Carniceiros na rúa dos Brancos. Fonte: enlace

O gremio dos xastres tamén tiñan establecidos distintos talleres na rúa das Tendas.

Xastres medievais. Fonte: enlace
Pescadeiras na rúa da Pixotaría (rúa San Miguel). Fonte: enlace

Na Catedral pódese escoitar un corcerto de Airas Nunes que conta como teloneiro a Bernal de Bonaval. 




Na praza da Madalena procedente de Francia, Peire Raimon de Tolosa, que de camiño a Santiago de Compostela actuará para os ourensáns cun concerto único o Domingo de Pascua.




Nas demáis prazas a vida era animada con malabaristas que chegaban á cidade procedentes de distintos puntos da península e que se dirixían a Santiago de Compostela, cidade á que moitos viaxaban por motivos relixiosos e tamén na procura de fortuna.